viernes, 21 de noviembre de 2014

INTERVENCION SOCIOLABORAL EN COLECTIVOS DE EXCLUSION SOCIAL: ENFERMIDADE MENTAL


As persoas con trastorno mental son un colectivo con importante presenza na nosa sociedade. Un 25 % da poboación mundial presenta ou presentará algún tipo de trastorno mental o longo da súa vida.

 O estigma que se lle impón a estas persoas dificulta a súa participación plena en tódolos ámbitos da sociedade, perpetuando a discriminación, illamento e pobreza. Isto a súa vez profundiza nas condicións de vulnerabilidade as que están expostas, producíndose unha relación circular entre desemprego e problemas de saúde mental.


Este proceso de intervención sociolaboral aínda que e individual e único, existen certas etapas comúns a este:

·         VALORACIÓN E ANALISE; implica coñecer a persoa, valorar as súas circunstancias, competencias, habilidades, coñecementos, desexos, motivacións e obxectivos profesionais asi como explorar as suas fortalezas e debilidades, detectar oportunidades para ela no mercado laboral  segundo as suas preferencias e posibilidds asi como coñecer o impacto da sua saúde e a traxectoria da enfermidade mental na sua capacidade funcional

·         PLANIFICACIÓN; en base a información recollida no apartado anterior diseñase un itinerario personalizado para acadar unha serie de obxectivos.

INTERVENCIÓN

AVALIACION E SEGUIMENTO


Dentro das etapas anteriores vámonos centrar no proceso de INTERVENCION:  

O itinerario de inserción e un plan de traballo a desenrolar pola persoa durante o proceso de inserción no cal se establecen unha serie de medidas a levar a cabo e estar orientado a consecución de obxectivos para mellorar a empregabilidade.

Existen múltiples posibilidades de itinerarios. Tantos como persoas usuarias do   servizo  de inserción.

Sen embargo,  podemos establecer tres tipos de itinerario segundo as necesidades de diferentes niveis de apoio:


APOIO BASICO: orientado principalemnte a busca de traballo, con un nivel de apoio mínimo. 

APOIO INTERMEDIO: orientado a busca de recursos persoais ou formación con necesidade de apoio para achegarse a realidade do mercado laboral, avaliar as propias posibilidades, as oportunidades do mercado e a toma de decisións. Soe ser necesaria a formacion en competencias tranversais

ALTO NIVEL DE APOIO: orientado o coñecemento do mercado laboral e avaliación das propias posibilidades e limitacións para o traballo. E necesario fomentar a toma de decisión e a realización de modulos formativos en competencias basicas e transversais


Estes niveis correspondensen habitualmente co nivel de autonomia da persoa

O tipo de apoio tamén definirá o recurso a utilizar, xa sexa como obxectivo final da inserción como o logro dun obxectivo a longo prazo. Por exemplo; insercion no mercado ordinario, empleo con apoio no mercado ordinario, inserción en Centro especial de emprego ou empresa de inserción ,  formación, autoemrpego…

GUIA INTEGRACION LABORAL ENFERMIDADE MENTAL A CAIXA





No hay comentarios:

Publicar un comentario