lunes, 1 de diciembre de 2014

REFLEXIÓN MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL


Xa na última recta do posgrao, vou facer unha pequena  reflexión sobre o marco instrumental da orientación laboral, tentando facer fincapé no que este último módulo me aportou de cara á miña labor como profesional da orientación.

Á hora de falar do modelo de orientación laboral, puidemos ver que non existe un único modelo de orientación, pero sí unhas tendencias a nivel europeo que nos axudan a definir un pouco o escenario no que nos movemos:

-a orientación como un proceso continuo,  non como algo puntual
-o demandante como suxeito activo dentro do seu proceso de orientación ; o orientador  é unha guía que acompaña no proceso de búsqueda de emprego, pero o verdadeiro protagonista é o demandante, que ó finalizar o proceso debe ser autónomo
...a individualización, flexibilidade e desenvolvemento/busca de autonomía como principios rectores das nosas  actuacións.

Pero centrándonos xa na nosa labor, Cales son os instrumentos que empregamos no noso traballo? Pois ben,  a entrevista individual e  as accións grupais son as ferramentas que empregamos co obxectivo de mellorala empregabilidade das persoas que acuden a nós.

- A  entrevista individual  é  a principal ferramenta que empregamos como orientadores laborais. A través desta establecemos un primeiro contacto coas persoas, e indagamos sobre as súas demandas e necesidades a nivel sociolaboral.

- Pero ademáis das entrevistas individuais, tamén podemos deseñar e levar a cabo accións grupais a través das cales poder traballar aspectos tales como talleres de búsqueda de emprego, e talleres de recursos  e habilidades persoais que resultan esenciais para enfrentarse con éxito á busca de emprego.

- A intervención por itinerarios: os itinerarios  personalizados de inserción, entendéndoos como  un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo. Trátase dunha ferramenta que dá moi bos resultados, pero que conleva un compromiso importante tanto por parte orientador como por parte do orientado, que non sempre está disposto a asumir.


Deixando estas ferramentas de lado, sí me gustaría salientar que me pareceron moi interesantes as aportacións que nos fixeron arredor das entrevistas de traballo os ponentes externos que viñeron, xa que nos acercaron outro punto de vista acerca dos currículos e das entrevistas moi interesante de cara a orientación dos nosos  usuarios.

Finalmente a parte adicada ó emprendemento e ó plan de empresa resultoume de moito probeito, xa que me proporcionou moitas ferramentas e recursos para poderlle dar a un posible usuario interesado neste tema. Neste senso, teño que dicir que ata o de agora sempre que acudía un demandante interesado no autoemprego, procedía derivándoo, pero sen lugar a dúbidas, a partir de agora xa teño unha serie de procedementos que podería  traballar antes de derivalo a un servizo máis especializado.



Xa para rematar esta reflexión, dicir que para a labor do orientador laboral,  é fundamental a parte instrumental, xa que éste non ten porqué ser un experto en tódolos temas, pero si ten que manexar moitos recursos co fin de dar resposta ás necesidades dos demandantes de emprego.