viernes, 28 de noviembre de 2014

Reflexión Módulo 3




Reafírmome, quero ser orientadora

Para facer a miña última reflexión individual, vou partir dunha pregunta que aparece no tema 12 do módulo 3, É necesaria a orientación laboral?

Difícil, verdade? Ou non?  Deso se trata, das miñas dúbidas, de considerar ou non ata que punto o meu traballo como orientadora pode ter algunha utilidade.

Ensinar ás persoas desempregadas a buscar un emprego non é unha tarefa doada, e vai máis alá de ensinarlle a rexistrarse nun portal de emprego.

Orientar significa guiar, asesorar, informar e acompañar ás persoas que necesitan insertarse ou reinsertarse no mundo laboral.





Dito así, provoca vértigo, inseguridade,... pero sobre todo unha enorme responsabilidade, e para o que moitas veces unha ten medo non estar á altura.

Debemos entender a orientación como un proceso de aprendizaxe mediante o que as persoas que acoden a este servizo deben pasar polas seguintes fases:
  • ·         Coñecerse a si mesmos
  • ·         Coñecer as súas capacidades
  • ·         Trazar o seu itinerario
  • ·         Poñer en marcha o seu itinerario
O fin último de todo proceso de orientación é conseguir que a persoa sexa autónoma á hora de tomar as súas decisións; é dicir, que adquira as ferramentas para tomar as rendas da súa vida profesional, coñecéndose e coñecendo a realidade do mercado laboral ante o que se atopa.
As persoas que traballamos en orientación somos as encargadas de facilitar e servir como guía no camiño das persoas orientadas, pero non debemos ser en ningún caso as responsables de acadar os obxectivos fixados. Os obxectivos tenos que lograr a persoa orientada a través do noso asesoramento e a axuda.
 





Partindo desta idea, as accións que debemos levar a cabo no proceso de orientación, poden ser, entre outras, as seguintes:
·         Establecer o perfil profesional
·         Elaborar ou modificar curriculum e carta de presentación
·         Analizar e potenciar determinados aspectos persoais (autoestima,motivación, etc)
·         Desenvolver e potenciar habilidades para entrevistas de selección
·         Asesorar en estratexias de busca de emprego
·         Informar sobre sectores ou empresas do entorno
·         Informar sobre recursos 2.0 para a busca de emprego
·         Detectar necesidades formativas
·         Ensinar a tomar decicións
·         Potenciar accións para a autocandidatura
·         Asesorar sobre iniciativas de autoemprego ou derivar aos servizos axeitados
·         Apoiar emocionalmente durante o período de busca

Aínda que estas son só exemplos das acción máis habituais que se traballan dende a orientación, cada un de nos atenderemos dentro das nosas posibilidades aquelas demandas concretas que expoñan as persoas que acoden a orientación.

Si ben debemos contar indiscutiblemente cunha serie de coñecementos técnicos importantes para desenvolver o noso traballo, desde o meu punto de vista, non é menos importante o aspecto vocacional de atención ás persoas, pois como xa dixen anteriormente, o noso traballo non consiste só en dar información senón que supón un acompañamento cara a súa incorporación ao mercado laboral.





As persoas orientadoras somos os que daremos as claves, poñeremos luz e axudaremos a pensar e clarificar, pero será a persoa orientada a que ten que facer  o traballo. Hai que traballar collidos da man ata que a persoa está preparada para camiñar soa. Nese momento remata o proceso, pero a orientación non acaba nunca.




A motivación por estar á altura no desempeño do meu traballo diario, foi o que fixo que me embarcara neste curso con gran ilusión e ganas de aprender, e aprender, aprendín, sen dúbida! Pero o maior descubrimento pola miña parte foi reafirmarme  sobre o moito que me gusta o meu traballo, de todo o que me aporta e de como me permite medrar como persoa, e de que sobre todo o feito de orientar aos demais facilita tamén o meu propio proceso de orientación, xa que como ben dixen anteriormente, remata o proceso, pero non a orientación.
 





Descubrín ferramentas, recursos, e novos camiños para orientar, as miñas fortalezas e debilidades, coñecín persoas fantásticas, afrontei medos e superei retos persoais e sobre todo medrei, non so profesionalmente, senón tamén persoalmente.
            Como tamén se di no tema 12, os itinerarios de insercións teñen un carácter pedagóxico e supoñen cambios nos seguintes aspectos:

  • ·         Mellora das competencias para afrontar as expectativa
  • ·         Percepción sobre un mesmo (autoconcepto)
  • ·        Valoración que se fai dun mesmo (autoestima)
Para min este curso foi como un proceso de orientación, no que participei en actividades individuais e grupais, onde me ofreceron información, recursos, novas ferramentas, refírome aquí como non ao meu descubrimento das TIC e da web 2.0, e me ensinaron a reflexionar e a atopar resposta a moitas dúbidas e preguntas entre as que se atopaba a de si  realmente o traballo que facemos as persoas que traballamos en orientación está á altura que se merece,e a motivación e ilusión para tratar de seguir medrando persoal e profesionalmente........

Sí, quero ser orientadora, para guiar, asesorar, informar e acompañar as persoas que por diferentes cirunstancias se atopan inmersas na dura e difícil tarefa de buscar un emprego. Motivar, ilusionar e facer posible o imposible.