sábado, 27 de septiembre de 2014

COMPARTINDO TREVOS DE CATRO FOLLAS



A miña achega á orientación laboral é, sobre todo, nos campos da motivación, dinamización e adquisición de destrezas para enfrontarense a procesos de selección. 
Na primeira sesión de cada curso sempre se me encolle o corazón vendo chegar a persoas derrotadas; mulleres e homes en idade de facer cousas fantásticas pero que están paralizados/as polo desánimo. Manter a autoestima? Moi difícil cando as mensaxes que lles chegan do seu entorno son: non sabes, non tes, non vales... Preciso axudarlles a entender que non teñen que sentirse avergoñados/as, o traballo é un dereito e non se mendiga, búscase con dignidade. 
Como teño que romper as súas inercias, as miñas sesións tamén son diferentes; comezo xuntándoos ao meu lado e léndolles un conto que ten formato infantil, pero que encerra unha reflexión moi profunda e intelixente á que despois chegamos xuntos/as. A partir deste momento empezan a relaxarse algunhas tensións; danse conta de que as cousas poden ser diferentes, de feito, esa mañá xa o están sendo para eles e elas. 
En canto aos procesos de selección, trato de que entendan que asumimos roles cada vez que interactuamos con outras persoas, por iso o importante é esforzarse en converterse nun/ha gran profesional e, sobre todo, convencerse de que é así.  
Traballar neste campo axúdame a contribuír a crear xustiza social, e devolver algo da sorte que tiven de nacer e criarme onde o fixen. A sorte laboral hai que buscala, pero hai persoas que se críanse en ambientes nos que só prenden trevos sen follas. 

miércoles, 24 de septiembre de 2014

CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE

 

A miña contorna persoal de aprendizaxe soe ser, principalmente, o Colexio Oficial de Profesionais onde estou colexiada, Centros de formación específicos e a Universidade onde accedo a formación permanente. Tamén consulto blogs , páxinas web e foros específicos relacionados ca miña profesión onde  comparto coñecementos e dúbidas relacionadas.

 

 

 

 Vexo de gran importancia para calquera profesional,

 activo ou non, a necesidade de seguir formándose, pois

 iso, permitirá adquirir tanto ferramentas teóricas como

 técnicas aplicables o seu día a dia .

NUBE DE INTERESES: La liebre y la tortuga

Le he dado muchas vueltas a la hora de redactar Mi Nube de Intereses. Se supone que debía reflejar lo qué es para nosotros la orientación.
Para mí la orientación ha cambiado mucho desde que he comenzado en esta profesión, como también ha cambiado el mercado laboral, las oportunidades de empleo y el esfuerzo que supone para un demandante alcanzar una oportunidad.
Mientras pensaba en las palabras que definían para mí la orientación empecé a pensar en todos los obstáculos que se ponían en el camino hacia la meta que es alcanzar un empleo y como los más rápidos en salir en busca de trabajo, pero sin planificación, organización y constancia, casi siempre son los últimos en llegar. De ahí mi dibujo, una tortuga, de la fábula “La liebre y la tortuga”. http://educacion2.com/164/fabulas-la-liebre-y-la-tortuga/

Os presento a mi Tagxedo Tortuguita, ella representa a todos/as los demandantes que luchan cada día por conseguir esa oportunidad y que con su perseverancia alcanzan esa meta.


Ir pasito a pasito, mejorando nuestras competencias y con una actitud positiva y constante en la búsqueda de empleo nos ayudará a tener más cerca la meta. No por ser liebre llegaremos antes, la organización y planificación de nuestra búsqueda debe de ir enfocada a un objetivo profesional y hacia él debemos trabajar.

Un saludo y suerte en la carrera de obstáculos hacia el empleo

martes, 23 de septiembre de 2014

A MIÑA NUBE DE INTERESES: A ORIENTACIÓN COMO CHAVE


A MIÑA NUBE DE INTERESES: A ORIENTACIÓN COMO CHAVE

A miña nube de intereses aparece representada coa figura dunha chave. O porqué desta elección ven motivada porque eu entendo a orientación coma unha chave, unha ferramenta que nos axuda a abrir novas portas  e ampliar así as nosas posibilidades de integración laboral.

As palabras que aparecen representadas na miña nube teñen que ver coa axuda, asesoramento, escoita, porque isto é moitas veces o que os demandantes de emprego esperan de nós. A nosa labor consiste fundamentalmente en darlles ferramentas para que poidan afrontar con éxito a súa búsqueda.



A intención de obter máis ferramentas é o que explica a miña motivación para facer este curso de Especialización en Orientación Laboral. Penso que como orientadores debemos estar reciclándonos e formándonos continuamente, dado que temos que dar a resposta máis axeitada ás demandas das persoas que acuden a nós en busca de guía, apoio e asesoramento.

É por isto que as miñas expectativas con respecto a esta acción formativa son moi altas, á espera de que me ofreza novas ferramentas (novas chaves) que me axuden a resolver os retos que se me plantean no meu día a día a nivel profesional.


lunes, 22 de septiembre de 2014

O PARAUGAS DA ORIENTACIÓN


Para min este paraugas simboliza a necesidade de contar  no proceso de busca de emprego cun teito que nos protexa ante as inclemencias do tempo e dos atrancos que imos atopar polo camiño. Unhas veces serviranos para protexer da choiva e outras como bastón para erguernos e voltar de novo a camiñar.
Un paraugasque irá collendo forma e consistencia a través das nosas habilidades, coñecementos, formación, capacidades, obxectivos, etc que nos acompañará durante o  percorrido que imos emprender.
Como motor imprescindible para emprender este camiño, está a MOTIVACIÓN que será a encargada de darnos o impulso necesario para abrir o paraugas e empezar a camiñar.

Motivación para coller o paraugas e saír de casa, ainda que chova.
Motivación para cargar co paraugas cando saia o sol.
Motivación para mantelo coidado e preparado para cando o volvamos a necesitar.

Dende o meu traballo como orientadora intento transmitir esa mensaxe e MOTIVAR ás persoas que acuden a orientación para que deseñen e confeccionen ou seu propio paraugas que os acompañe ao longo do proceso de busca.

domingo, 21 de septiembre de 2014

INCLUSION SOCIAL: TAXGEDO

Ola, como vedes  o que predomina no meu taxgedoson os términos de inclusión social e vulnerabilidade social, eses son os colectivos cos que mais me motiva traballar( mulleres, parados/as de larga duración, discapacidade, enfermidade mental) xa que teñen unha baixa empregabilidade. Para min e un reto traballar con estes colectivos.

Outros términos que puxen no meu taxgedo, que como vedes, e un man que simboliza a nosa labor de orientación, xa que e un proceso de "axuda" ( asesoramento)son  os de alfabetización dixital( de gran importancia en todolos colectivos no proceso de busca de emprego ), habilidades sociais e motivación, asi como outros términos relacionadas ca intervención( motivación, intervención socioeducativa)