viernes, 10 de octubre de 2014

UN MARCO DE REFERENCIA PARA A ORIENTACION LABORAL


UN MARCO DE REFERENCIA PARA A ORIENTACION LABORAL

Sen lugar a dúbidas, os temas que compoñen este módulo xeran un marco de referencia para a nosa labor como orientadores. A pesar de que nun primeiro momento puideramos pensar que non están ligados directamente ó noso día a día, a verdade é que se reflexionamos en torno a eles, vemos que xuntos configuran o escenario no que desenvolvemos o noso traballo. Explícome:

o   Por una banda o coñecemento minucioso do sistema público de emprego, e de conceptos que manexamos  a cotío, tales como parados, poboación activa, desemprego… axúdannos a un mellor entendemento do funcionamento dun sistema do que formamos parte.

Asímesmo, coñecer as directrices das políticas de emprego a nivel autonómico, estatal e europeo é imprescindible para saber de dónde emanan as medidas  que se están a aplicar, e sobre todo para poder intuír cales van a ser as liñas de futuro.


o   En canto a  todo o que ten que ver cos certificados de profesionalidade, o recoñecemento da experiencia  e o novo sistema de formación profesional , dicir que me parece que é un tema esencial , porque gracias a estas medidas, podemos unificar sistemas que ata o momento viñan funcionando de maneira totalmente aillada: por una banda a formación ocupacional, por outra a formación profesional, e por outra a formación non reglada.

Un bo sistema de formación profesional é importantísimo para poder responder ás demandas dun sistema laboral que en moitas ocasións non son satisfeitas polo noso sistema educativo. É por isto que hai  moitas esperanzas postas na nova formación dual (digo nova no noso país, dado que hai outros nos que hai décadas que ven funcionando), á espera de que poida aunar as demandas do mercado laboral cos obxectivos do sistema educativo.

o   Xa por último, en canto ó tema do emprendemento , tan de moda nos últimos anos, dicir que non creo que sexa a solución á crise que estamos padecendo. Considero que non todo o mundo ten madeira de emprendedor, aínda que se ben é certo moitas personas acóllense a esta medida como una táboa salvavidas á que agarrarse. Trátase de persoas que nunca antes pensaran en emprender, pero ás que as circunstancias abocan a esta situación. Persoas que emprenden sen unha idea clara de negocio, sen un plan de empresa ben traballado, polo que as súas posibilidades de éxito merman moito.

De todos xeitos considero que como orientadores debemos ser quen de poder asesorar ás persoas que se decidan a emprender, ofrecéndolles unha completa información para tentar resolver todas esas incógnitas que lle xurden a aqueles que apostan pola creación dunha empresa.


Como reflexión para finalizar, dicir que non se pode iniciar unha travesía  sen coñecer o destino e sen contar cos mapas e a orientación para chegar polo mellor camiño. Pois ben , este primeiro módulo, ven a ser unha guía que vai a orientar a nosa singladura  polo apasionante mundo da orientación laboral.

Boa viaxe!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario