martes, 28 de octubre de 2014

A Curación de Contidos



  A Curación de Contidos

No módulo 2 faise fincapé na importancia da web 2.0 na orientación laboral, amosándonos as utilidades das diferentes ferramentas que nos poden ser de utilidade no traballo diario da orientación tanto a nos como persoas dedicadas á orientación como para aquelas persoas as que tratamos de orientar e axudar no proceso de busca de emprego.
Internet supón unha inmensa fonte de oportunidades e de información no proceso de busca de emprego pero esa saturación de información e fontes supón ao mesmo tempo unhas das principais problemáticas coa que nos atopamos para seleccionar realmente o que é de utillidade polo que resulta preciso contar con ferramentas que nos axuden a analizar e seleccionar esa gran cantidade de información. 

A curación de contidos consiste na análise e recomendación de contidos sobre unha temática particular. Trátase de buscar, filtrar, organizar e difundir información relevante a través de diferentes canles como as redes sociais, medio sen dúbida enormemente propicio e cada vez máis presente na nosa vida tanto persoal e profesionalmente para localizar ese contido e compartilo. 



 Existen diferentes ferramentas para a curación de contidos pero en todas elas é imprescindible a figura do curador, que será a persoa encargada de decidir baixo o seu criterio os contidos que difunde.



Como orientadores profesionais debemos ser mediadores entre toda a información que circula pola rede e ás persoas que acoden a orientación, tarefa sen dúbida complexa e difícil. Nun primeiro lugar é necesario seleccionar as fontes verdadeiramente relevantes (que conteñan información útil, práctica e veraz) xa que ademáis da cantidade de páxinas e webs de organismos públicos oficiais que consultamos, tamén consultamos diferentes blogs, portais de emprego, páxinas de empresas, etc o que multiplica e dificulta enormemente o noso traballo diario por non dispoñer de todo o tempo que esa labor require. Por isto, resulta fundamental e de gran utilidade un bo filtrado e unha boa organización de toda esa información consultada.
Existen diferentes ferramentas para a curación de contidos Paper.li, Topsy, Flipboard, iFlow, Spundge, Scopp.it e Storify pero neste caso vou facer referencia concretamente á ferramenta Feedly, un lector RSS que nos permite agregar e acceder rapidamente a todas as nosas fontes favoritas e páxinas de interese para coñecer todas as actualizacións que se vaian producindo. Permítenos aforrar tempo e ter centralizada toda a nosa información nun único espazo.


 Como conclusión dicir que ten unha importante aplicación e utilidade no noso traballo xa que nos permite obter unha información actualizada e dun xeito rápido de todas as fontes que consultamos diariamente para o desenvolvemento das nosas accións de orientación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario