viernes, 24 de octubre de 2014

REFLEXION MODULO 2

Os temas que se trataron  nestes modulo 2, foron os seguintes:  tema 6, a orientación laboral e as súas competencias; o tema 7, desenvolvemento de competencias comunicativas; o tema 8, habilidades e competencias sociais e os temas 9 e 10, adicados  as novas tecnoloxías.

Tal como se mencionaba nos temas, o orientador debe posuir algunha das habilidades comunicativas tan cruciais como a escoita activa e a empatía ante o orientado, deste xeito o noso traballo de orientación verase fortalecido, non so poñéndose no seu lugar senon escoitando dun xeito eficiente.

Dos temas 9, chamoume a atención como a asertividade e fundamental nese proceso de orientación, debendo ter en conta o estilo de resposta do demandantes, debido a que o seu proceso orientador pódese ver mermado se o orientado ten un estilo pasivo ou agresivo, debendo nos favorecer  como orientadores un estilo asertivo.

Algo que se tratou nos temas por riba e paréceme moi importante a hora de realizar as nosas entrevistas co orientado  , é manter unha posición de non experto, e dicir, manterse nunha posición de igual a igual con el, debido a que nosa postura experta pode facer que se sinta inferior a nos e o proceso de orientación pódese ver interrompido.



Neste proceso de comunicación non debemos esquecer que a comunicación debe realizarse , non so cons nosos orientados senón tamén con persoas que axudan nese proceso de orientación ( traballador social, educador,..) para poder traballar nunha intervención integral e o demandado sexa o maior beneficiado

Os temas adicados as novas tecnoloxías pareceron fundamentais non so para poder achegalos os nosos demandantes senón tamén a importancia de que nos mesmos nos acheguemos a eles para coñecelos en profundidade, ferramentas que nos facilitan non so o proceso de orientación( tarxeta de presentación, video curriculum) senón  tamén a busca de información nese proceso( feddly, scoop, etc…).

Unha parte importante da nosa orientación e concienciar o demandado sobre a importancia das novas tecnoloxías nesa busca de emprego, xa que non pode ser alleo a elas. Algo tan básico como o envío dun curriculum require duns mínimo manexo de internet asi como darse de alta en paxinas de busca de emprego( infojobs). Aspectos que os nosos usuarios inda non teñen en conta a hora de realizar a busca.

RESUMO STORIFY

No hay comentarios:

Publicar un comentario