miércoles, 29 de octubre de 2014

Reflexión módulo 2




Reflexión persoal. Módulo 2

A miña reflexión persoal sobre o módulo 2 céntrase en dous aspectos fundamentais en relación aos contidos abordados neste módulo. Por un lado as habilidades sociais, tan necesarias para afrontar a busca de emprego e por outro, as habilidades e competencias tecnolóxicas, como complemento imprescindible para abordar a orientación laboral na actualidade, tanto dende o punto de vista da persoa orientada como dos profesionais da orientación laboral.

Cando unha persoa está buscando traballo, atópase inmersa nunha multitude de emocións que condicionan sen dúbida o seu comportamento nese proceso e a súa maneira de abordar o mesmo. Estas emocións afectan en maior ou menor medida a nosa vida diaria e as nosas relacións sociais.
Unha persoa que pasa por un longo período de desemprego soe ter unha baixa autoestima. Para evitar isto é necesario dotar ás persoas desempregadas das ferramentas necesarias para aprender a motivarse, facendo que sexan conscientes do seu estado emocional, dos seus puntos fortes e facendo que sexan capaces de transformar as súas debilidades en fortalezas.  


A intelixencia emocional é esa capacidade de manexar as emocións en beneficio propio, saber recoñecer os sentimentos propios e alleos e sabelos manexar.
Este aspecto é moi importante si partimos do que nos di Daniel Goleman no seu libro “intelixencia Emocional”: Á HORA DE TER ÉXITO NA VIDA, A INTELIXENCIA COGNITIVA (intelectual) TEN UN IMPACTO DE ENTRE UN 10 E UN 20%, E A INTELIXENCIA EMOCIONAL ENTRE UN 80 E UN 90%.
 
Ninguén pode negar a enorme influencia que exercen as emocións nos nosos pensamentos e en consecuencia nas nosas condutas e nun proceso de busca de emprego, como noutros aspectos da vida,  é fundamental tamén un manexo adecuado das emocións.
Non podemos polo tanto como orientadores pasar por alto este aspecto á hora de desenvolver o noso traballo e sobre todo, tendo en conta que esta intelixencia que nos ocupa, NON É ESTABLE, polo tanto PÓDESE MELLORAR.


Debemos polo tanto como orientadores/as provocar a motivación e facilitar recursos e ferramentas para que as persoas que acoden a orientación podan  aprender e adestrarse en todas aquelas habilidades que están relacionadas coa intelixencia emocional e que van a favorecer que consigan o seu obxectivo profesional.

Estas habilidades son: 

  • ·    Autoconciencia: que aprendan a coñecerse a eles mesmos e a familiarizarse coas súas emocións. 
  • ·  Xestión das emocións: Si coñecen as súas emocións, terán que aprender tamén a manexalas.
  • ·    Motivación: as emocións condicionan a motivación para lograr os obxectivos. A forma de afrontar a busca de emprego está estreitamente relacionada co nivel de intelixencia emocional.
  • ·    Empatía: entender como se sinte a outra persoa para respostar de xeito axeitado.
  • ·   Habilidades sociais: capacidade de relacionarse cos demais de tal xeito que se consigan o máximo de beneficios  e diminúan as consecuencias  negativas.
 
E para favorecer que a intelixencia emocional das nosas persoas usuarias mellore, temos que motivar e provocar o cambio de actitude ante a busca desde un punto de vista positivo, proactivo e de implicación persoal. 

Pero para realizar unha orientación integral e adaptada as novas necesidades da sociedade, a orientación ten que alimentarse cada vez máis do uso das TIC e das ferramentas web 2.0 para o que se fai necesario o coñecemento e manexo das competencias dixitais para a orientación laboral.
Atopámonos nun momento no que a sociedade vive nun permanente estado de revolución e cambio tecnolóxico como levamos vendo ao longo de todo o curso e os orientadores non podemos ignorar esta evidencia polo que debemos integrar a tecnoloxía nas nosas funcións profesionais. Debemos polo tanto xogar un papel activo como axentes de cambio, contribuíndo a promover e facilitar o acceso aos recursos tecnolóxicos co obxecto de facilitar a busca de emprego e a autonomía de uso. Isto producirá un efecto positivo na autoestima e repercutirá na motivación para afrontar a busca de emprego de xeito máis activo.

Beneficios dos recursos tecnolóxicos na orientación:

  • ·         Constitúen unha importante fonte de información e recursos
  • ·         Facilitan o acceso, almacenamento, tratamento e difusión de grandes cantidades de información.
  • ·         Medio de comunicación e colaboración interpersoal, rompendo coas barreiras espacio-temporais.
  • ·         Novos entornos de orientación: a distancia
  • ·         Instrumentos de xestión e administración
  • ·         Soportes específicos de asesoramento
  • ·         Mellora no funcionamento e calidade dos procesos e servizos orientadores.
  • ·         Maior motivación dos destinatarios das accións
  • ·         Satisfacción das novas necesidades das persoas orientadas.

Por todo o anterior, faise necesario que o persoal de orientación adquira un perfil profesional no que conflúan as competencias básicas e imprescindibles (de carácter xeral e específicas), con aquelas de carácter técnico  que lle permitirán facer un uso efectivo dos recursos TIC co fin de dar resposta ás novas demandas formuladas polas persoas que acoden aos servizos de orientación.
Estas habilidades tecnolóxicas resultan imprescindibles para o noso traballo xa que están presentes en todos os ámbitos sociais e implican a necesidade de adquirir as destrezas técnicas necesarias e a capacidade crítica para facer un uso adecuado e efectivo das mesmas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario