Competencias persoais para a orientación.
Resulta moi interesante pararse a analizar as
competencias persoais que debemos ter os orientadores para un bo desempeño da
nosa labor. Sobre todo tendo en conta que non existe unha única formación que
habilite ós profesionais desta área.
Máis alá dos diferentes puntos de vista que pode
haber con respecto ós títulos máis
axeitados para os orientadores laboráis ( pedagoxía, psicoloxía, educación
social, traballo social…), centrarei esta pequena reflexión sobre todo nas
competencias comunicativas, competencias e habilidades sociais e competencias
dixitais.
¿Por qué son tan importantes as competencias
comunicativas? Non podemos esquecer que a principal ferramenta que empregamos
na orientación é a entrevista individualizada, a través da cal interactuamos
cos demandantes de emprego que acuden a nós en busca de apoio e asesoramento.
En moitas ocasións as persoas que acuden ás
entrevistas de orientación atópanse nunha situación complicada, e buscan en nós
un apoio e unha guía para encauzar o seu itinerario formativo e laboral.
Ante esta situación, debemos ter unha boa
capacidade de escoita, crear un clima de confianza no que o demandante de
emprego se sinta a gusto. Neste senso a comunicación non verbal é vital: un sorriso, un apretón de mans, signos de
asentimento ante o que nos contan, amosan interese pola persoa e polo que nos
está contando.
Tamén resulta esencial adecuar a nosa linguaxe ó demandante,
sen necesidade de utilizar e perdernos en tecnicismos que o demandante non
ten porque dominar, procurando de vez en
cando que a persoa nos devolva un feedback do que está a entender, dado
que como sabemos, o crucial non é o que
nós comunicamos, senón o que o que o receptor entende.
Debemos polo tanto adecuar o código que utilicemos
ós demandantes ós que atendemos, para facilitar deste xeito a comunicación e
asegurarnos que logramos transmitir o que pretendiamos.
En definitiva, temos que ter claro que como
orientadores, non somos meros transmisores de información, senón que debemos
ser sobre todo, uns bos comunicadores.
E como bos profesionais tampouco debemos descoidar
as nosas competencias dixitais. Sen
lugar a dúbidas, e a pesar das reticencias de moitos profesionais, non podemos
deixalas de lado, dado que nos proporcionan unha serie de ferramentas moi
interesantes para comunicarnos coas
personas ás que orientamos.
Non podemos obviar que estas redes sociais están
cambiando tanto a maneira de posicionarse ante os empleadores como a maneira en
que estes últimos afrontan o reclutamento de persoal. Polo tanto se pretendemos
asesorar ós demandantes na procura de emprego debemos ter unhas boas
competencias e un bo manexo destas ferramentas.
Non hai profesionais 2.0, só profesionais de algo que comparten na Rede
No hay comentarios:
Publicar un comentario