lunes, 22 de septiembre de 2014

O PARAUGAS DA ORIENTACIÓN


Para min este paraugas simboliza a necesidade de contar  no proceso de busca de emprego cun teito que nos protexa ante as inclemencias do tempo e dos atrancos que imos atopar polo camiño. Unhas veces serviranos para protexer da choiva e outras como bastón para erguernos e voltar de novo a camiñar.
Un paraugasque irá collendo forma e consistencia a través das nosas habilidades, coñecementos, formación, capacidades, obxectivos, etc que nos acompañará durante o  percorrido que imos emprender.
Como motor imprescindible para emprender este camiño, está a MOTIVACIÓN que será a encargada de darnos o impulso necesario para abrir o paraugas e empezar a camiñar.

Motivación para coller o paraugas e saír de casa, ainda que chova.
Motivación para cargar co paraugas cando saia o sol.
Motivación para mantelo coidado e preparado para cando o volvamos a necesitar.

Dende o meu traballo como orientadora intento transmitir esa mensaxe e MOTIVAR ás persoas que acuden a orientación para que deseñen e confeccionen ou seu propio paraugas que os acompañe ao longo do proceso de busca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario