sábado, 27 de septiembre de 2014

COMPARTINDO TREVOS DE CATRO FOLLAS



A miña achega á orientación laboral é, sobre todo, nos campos da motivación, dinamización e adquisición de destrezas para enfrontarense a procesos de selección. 
Na primeira sesión de cada curso sempre se me encolle o corazón vendo chegar a persoas derrotadas; mulleres e homes en idade de facer cousas fantásticas pero que están paralizados/as polo desánimo. Manter a autoestima? Moi difícil cando as mensaxes que lles chegan do seu entorno son: non sabes, non tes, non vales... Preciso axudarlles a entender que non teñen que sentirse avergoñados/as, o traballo é un dereito e non se mendiga, búscase con dignidade. 
Como teño que romper as súas inercias, as miñas sesións tamén son diferentes; comezo xuntándoos ao meu lado e léndolles un conto que ten formato infantil, pero que encerra unha reflexión moi profunda e intelixente á que despois chegamos xuntos/as. A partir deste momento empezan a relaxarse algunhas tensións; danse conta de que as cousas poden ser diferentes, de feito, esa mañá xa o están sendo para eles e elas. 
En canto aos procesos de selección, trato de que entendan que asumimos roles cada vez que interactuamos con outras persoas, por iso o importante é esforzarse en converterse nun/ha gran profesional e, sobre todo, convencerse de que é así.  
Traballar neste campo axúdame a contribuír a crear xustiza social, e devolver algo da sorte que tiven de nacer e criarme onde o fixen. A sorte laboral hai que buscala, pero hai persoas que se críanse en ambientes nos que só prenden trevos sen follas. 

3 comentarios:

  1. Que bonita la entrada y la reflexión. Me gusta tu enfoque para mejorar la autoestima de los demandantes.
    Un besiño

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me agradou a túa reflexión e que achegaras a túa experiencia persoal. Gustaríame coñecer ese conto, ¿poderías compartilo?. Grazas polo trebo, ogallá nos dé sorte a tod@s.

    ResponderEliminar
  3. Moi boa a imaxe que elexiche coa túa reflexión persoal que contaxia unha grande positividade. Noraboa!!

    ResponderEliminar