martes, 21 de octubre de 2014

A ORIENTACIÓN LABORAL EN FEMININO por Tero Rodríguez

Reflexión individual a partir do marco conceptual desenvolvido no módulo 1 do Posgrao en Orientación Laboral do Cixug.

                                                                      
Moi avanzado xa o curso, fago memoria daquel primeiro módulo que ao mesmo tempo que establecía o marco conceptual da orientación laboral, marcaba os numerosos campos que precisa dominar unha orientadora laboral: servizos públicos de emprego Sepe, Speg, estratexias europeas, políticas activas e pasivas, axudas, economía social, plans de emprego e autoemprego...

Para unha orientadora é inescusable que coñeza as leis polas que se organiza o mercado laboral,  os indicadores que o definen, tipos de desemprego e tipos de busca de emprego, as análises do  observatorio ocupacional... Resulta tamén imprescindible para quen ten que orientar ás persoas demandantes de emprego dominar o catálogo de certificacións de profesionalidade e títulos de formación profesional, con todas as siglas que o acosan desde campos como as realizacións profesionais, as unidades de competencia, criterios de realización, módulos formativos...

Ao mesmo tempo, a orientadora debería dominar idiomas, nomeadamente o inglés, para poder seguirlle a pista con eficacia ás iniciativas sociais e de emprego da Unión Europea, para axudar aos seus usuarios e usuarias a aproveitarse das súas políticas activas e pasivas, dos seus fondos de financiamento e das súas leis de libre circulación e mobilidade dos traballadores.


   
Da orientadora tamén se espera que exerza o labor de acompañante e fomentadora de iniciativas emprendedoras, xestión para a que precisa nocións sobre a elaboración dos plans de empresa, fórmulas xurídicas...

Para que resulte frutífero, todo isto debe ser movido por un complexo engrenaxe alimentado por unha dobre enerxía extraída de campos que en principio semellan antagónicos; o abstracto e tecnolóxico  das competencias dixitais e o concreto e humano das accións de motivación, potenciación da autoestima, habilidades sociais...  

                Á par que impresionada polo inevitable eclecticismo da profesión da orientadora laboral tamén o estou porque case a totalidade do alumnado somos mulleres. Pregunto e dinme que de oitenta e dúas persoas matriculadas, só sete son homes, e tamén me informan de que nas edicións anteriores a porcentaxe masculina era similar ou incluso menor. Polo que se ve isto é reflexo do que acontece con esta profesión que está moi dominada polo sector feminino. Agora se entende que neste artigo fale de “orientadoras laborais” e non de “orientadores laborais”. Estas excentricidades, a pesar das cifras, aínda hai que xustificalas, porque a linguaxe inclusiva segue coa inercia unidireccional.




Indago un pouco sobre as profesións máis feminizadas en países coma o noso e observo que as mulleres dominan sobre todo en sectores relacionados coa educación, administración, psicoloxía,  axuda sanitaria e outros coidados; con incursións notables no terreo das artes, en áreas coma o deseño e a literatura.

Miro para casa e busco que é o que di o Instituto Galego de Estatística.

Poboación ocupada por xénero e grandes grupos ocupacionais (CNO-2011). Galicia. Ano 2013
Unidade: Miles de personas
Espazo=Galicia


Total
Homes
Mulleres
Porcentaxe mulleres
http://www.ige.eu/igebdt/imagenes/aspa.gif
Mulleres por cada 100 homes
http://www.ige.eu/igebdt/imagenes/aspa.gif
Total
1.006,4
530,6
475,8
47,28
89,67
1 Directores e xerentes
37,3
26,2
11,1
29,76
42,37
2 Técnicos e profesionais científicos e intelectuais
154,7
65,9
88,7
57,34
134,60
3 Técnicos; profesionais de apoio
101,0
63,4
37,6
37,23
59,31
4 Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina
85,9
27,2
58,8
68,45
216,18
5 Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores
233,8
83,2
150,5
64,37
180,89
6 Traballadores cualificados no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro
64,1
35,1
29,0
45,24
82,62
7 Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (salvo operadores de instalacións e maquinaria)
132,6
120,4
12,2
9,20
10,13
8 Operadores de instalacións e maquinaria, e montadores
85,9
70,6
15,4
17,93
21,81
0 e 9 Ocupacións militares e ocupacións elementais
111,2
38,7
72,5
65,20
187,34


Os datos son do ano pasado e poderían avalar o exposto anteriormente, aínda que as clasificacións que fai de grupos ocupacionais dificultan a interpretación que nos interesa.

Resúltanos moito máis “ad hoc”, o cadro publicado polo Observatorio Laboral Mexicano sobre a ocupación feminina no seu país no segundo trimestre de 2014:



Carreras con mayor número de mujeres ocupadas
%
1
97.7
2
91.4
3
87.7
4
85.5
7
84.5
6
74.2
7
71.9
8
71.6
9
71.3
10
66.6

Aínda que distante xeograficamente, poderíanos pasar por un estudo que analizase o noso entorno e confirma o que dicía anteriormente.  

Por que esta tendencia?

Navego por internet e sorpréndome da cantidade de teorías que aínda defenden a existencia dunha suposta carga xenética que dota ás mulleres dun instinto natural para exercer oficios relacionados coa asistencia a outras persoas. Eu prefiro xustificar a maior presenza da muller neste tipo de oficios por  factores  ambientais  e educativos. Na nosa cultura as mulleres, aínda hoxe, son educadas para coidar do entorno, coidar da casa, coidar dos fillos, coidar do home, coidar dos pais... As nenas galegas seguen tendo bonecas, cociniñas, fregonas, xogos de enfermeiras... fronte aos nenos que se entreteñen maiormente con xogos bélicos, de motor e de competición. Neste sentido resulta moi esclarecedora a visita a xogueterías que dividen a súa mercadoría polo xénero dos pequenos destinatarios.

 Retomo o listado de sectores ocupados maioritariamente por mulleres: “educación, administración, psicoloxía,  axuda sanitaria e outros coidados” e reparo entón en que este marco conceptual do módulo 1 sobre o que teño que reflexionar debuxa un conxunto de capacidades que están directamente relacionadas con estas profesións, o que implica que unha boa orientadora laboral precisa manexarse en todas estas áreas, e que ser orientadora laboral esixe ter vocación de coidar aos demais, algo que se alimenta en nós desde ben pequeniñas.

Quizá toda esta reflexión, máis intuitiva que científica, só sirva para xustificarme a min mesma que a orientación laboral sexa basicamente unha profesión de mulleres. En todo caso eu doume por convencida, e con iso evito seguir investigando e chegar a temas de salarios e posibilidades de promoción, que hoxe non teño gana de desgustos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario